Esta páxina emprega cookies propias e de terceiros para obter datos do tráfico web e mellorar a experiencia de navegación.
Ó continuar a navegación entendemos que as acepta.

Rúa República Checa, 40galensigna@galensigna.com615 674 023

benvidos a galensigna

Traballamos pola integración real das persoas xordas.

quen somos

galensigna é unha iniciativa empresarial que xorde da necesidade de favorecer unha integración real das persoas xordas e xordocegas no seu contorno social.

Ofrecemos unha ampla variedade de servizos especializados en lingua de signos dirixidos a entidades públicas, privadas e particulares. Este proxecto poñémolo en marcha un grupo de educadores e intérpretes de lingua de signos profesionais que contamos cunha ampla experiencia dentro da comunidade xorda en Galicia.

servizos

Garantir o acceso á información en todos os ámbitos da vida e aprender a comunicarse coas persoas xordas é a mellor maneira de que estas se integren na sociedade.

Dende o ano 2012, o esforzo de galensigna por facer realidade estes principios fixo que institucións como a Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, e administracións locais como o Concello de Santiago e o Concello de A Coruña confiaran na calidade dos nosos servizos.


interpretación en lingua de signos

Os intérpretes de lingua de signos somos profesionais que facilitamos a comunicación entre persoas xordas e persoas oíntes. Traballamos mediante interpretación simultánea.

Os servizos que ofrecemos céntranse nos seguintes ámbitos:

  • Conferencias, congresos, xornadas, actos institucionais, eventos, obradoiros e seminarios.
  • Educación e formación: intérpretes para alumnado xordo en centros educativos ou formativos.
  • Servizos a particulares de carácter privado.

cursos de lingua de signos

Dende galensigna ofrecemos obradoiros básicos de comunicación ou cursos por niveis adaptados a diferentes colectivos sociais ou profesionais: escolares, alumnado universitario, persoal docente, sanitario...


formación e educación

Dende galensigna ofertamos diferentes accións formativas, pensadas e deseñadas para persoas xordas, tendo en conta as súas necesidades e características específicas e utilizando como lingua vehicular a LSE.

Algúns dos obradoiros ofertados son:

  • Habilidades sociais e comunicativas.
  • Estratexias para a procura de emprego eficaz.
  • Educación afectivo-sexual.
  • Educación na saúde e prevención de drogodependencias.
  • Estratexias para a resolución de conflitos.

Ofrecemos tamén unha atención educativa especializada para alumnado xordo. Con tal motivo, dispoñemos dun servizo de reforzo educativo adaptado ás necesidades específicas individuais.


accesibilidade web

Ofertamos a posibilidade de adaptar de xeito integral as páxinas web de calquera empresa, entidade pública ou privada que desexe adquirir unha maior difusión e prestixio social mellorando a accesibilidade na súa web.

novas

contacto

Estamos á túa disposición. Contacta con nós e darémosche resposta á maior brevidade posible.

Rúa República Checa, 40

galensigna@galensigna.com

615 674 023

e nas redes sociais...

David Fernández
Ana Miguéns